Select Page

Categoría: Preparación da partida

Carta de Consulta Rápida (CCR), Fichas de Personaxes e Táboas

O kit do xogo inclúe fichas impresas dos tipos de PX dese arquipélago, onde se indican os Puntos de Movemento (PtMv) que lle custa atravesar cada Tipo de Terreo, o seu Valor de Loita (VL) e de Escape (VE), o seu nivel de Ataque e Defensa (nAt /nDf), o seu Valor de Control de Montura (VcM) e de Comunicación con Animal (VcAn), e unhas notas sobre as capacidades especiais dese PX. Os parámetros do resto de personaxes, dos animais e dos vehículos están recollidos na folla desplegable chamada “Carta de Consulta Rápida”.

Read More

Preparación da Táboa de Roldas, da Folla de Dirección do Xogo e das Follas de Campaña

Pode dicirse que a Táboa de Roldas e a Folla de Dirección do Xogo son, respectivamente, a planificación do tempo e do espazo da partida.
A Táboa de Roldas é un espazo onde o DX debe indicar, para a súa propia consulta, os acontecementos que se darán de xeito automático cando o xogo acade unha determinada Rolda (ou sexa, cando se chegue a unha determinada quenda do DX). A Folla de Dirección do Xogo serve para que o DX apunte o Eido no que se atopa a Moeda ou Moedas agochadas nese arquipélago e outros elementos singulares distintos dos que caracterizan os Lugares.

Read More
Loading
Galego