II- Preparación da Partida

Carta de Consulta Rápida (CCR), Fichas de Personaxes e Táboas

O kit do xogo inclúe fichas impresas dos tipos de PX dese arquipélago, onde se indican os Puntos de Movemento (PtMv) que lle custa atravesar cada Tipo de Terreo, o seu Valor de Loita (VL) e de Escape (VE), o seu nivel de Ataque e Defensa (nAt /nDf), o seu Valor de Control de Montura (VcM) e de Comunicación con Animal (VcAn), e unhas notas sobre as capacidades especiais dese PX.

Estas fichas tamén estarán dispoñibles na web para ser descargadas e abrilas nun dispositivo móbil ou imprimilas.

Non se recomenda escribir nada nas fichas que veñen co kit do Xogo.

Os parámetros do resto de personaxes, dos animais e dos vehículos están recollidos na folla desplegable chamada “Carta de Consulta Rápida”, que o DX debe ter a man durante as partidas. Novas listaxes de animais e personaxes serán publicadas en pdf descargables da web en formato imprimible en A3, así como un modelo en branco para que as persoas que o desexen poidan cubrilas con novas especies

As táboas citadas neste regulamento poden consultarse nas últimas páxinas deste manual.

Galego