IV- Interacción con Personaxes Non Xogadores e Animais

Activación y Desactivación de PNJ y Animales
PNX Activados e Animais Activados

As veces un PNX ou Animal, logo de manifestarse no xogo, non resulta controlado, derrotado ou posto en fuga por parte dun PX; ou simplemente é ignorado por este. Tamén pode darse que a Tabla de Rondas faga irromper a un animal ou PNX nunha determinada quenda da partida, nun determinado Eido do taboleiro. En calquera destes casos, e con independencia da disposición que teña cara aos distintos PX do xogo (Amigable, Neutral ou Hostil), un personaxe ou animal que non está envolto nunha interacción cun PX, ficará baixo o control do DX, que na súa quenda poderá movelo libremente polo taboleiro.

Un PNX ou Animal Hostil que teña sido Activado pode atacar a calquera PX que, durante a súa Tirada de Movemento, cruce o Eido onde se atopa este PNX ou animal ou remate o seu movemento nel.

O DX poderá Activar aos PNX e animais que estean apuntados na súa Folla de Dirección do Xogo nun Eido no que remate o seu movemento outro PNX ou animal xa Activados. 

Desactivación de PNX e animais

Un PNX ou animal pode deixar de estar Activo como consecuencia dalgunhas accións da partida. Por exemplo, cando ten éxito nunha Tirada de Loita con Escape ou cando o seu opoñente nunha Loita logra escapar del. Nestes casos, o DX ten a opción de desactivar ese PNX ou animal, o que significa que volverá ocultalo nese mesmo Eido, no que poderá volver aparecer de novo como resultado dunha Tirada de Evento.

Español
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.