IV- Interacción con Personaxes Non Xogadores e Animais

Activación e Desactivación de PNX e Animais
PNX Activados e Animais Activados

As veces un PNX ou Animal, logo de manifestarse no xogo, non resulta controlado, derrotado ou posto en fuga por parte dun PX; ou simplemente é ignorado por este. Tamén pode darse que a Táboa de Roldas faga irromper a un animal ou PNX nunha determinada quenda da partida, nun determinado Eido do taboleiro. En calquera destes casos, e con independencia da disposición que teña cara aos distintos PX do xogo (Amigable, Neutral ou Hostil), un personaxe ou animal que non está envolto nunha interacción cun PX, ficará baixo o control do DX, que na súa quenda poderá movelo libremente polo taboleiro.

Un PNX ou Animal Hostil que teña sido Activado pode atacar a calquera PX que, durante a súa Tirada de Movemento, cruce o Eido onde se atopa este PNX ou animal ou remate o seu movemento nel.

O DX poderá Activar aos PNX e animais que estean apuntados na súa Folla de Dirección do Xogo nun Eido no que remate o seu movemento outro PNX ou animal xa Activados. 

Desactivación de PNX e animais

Un PNX ou animal pode deixar de estar Activo como consecuencia dalgunhas accións da partida. Por exemplo, cando ten éxito nunha Tirada de Loita con Escape ou cando o seu opoñente nunha Loita logra escapar del. Nestes casos, o DX ten a opción de desactivar ese PNX ou animal, o que significa que volverá ocultalo nese mesmo Eido, no que poderá volver aparecer de novo como resultado dunha Tirada de Evento.

Galego
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.