Select Page

Category: Movement roll

Movement by air

O Valor de Movemento (VMv) polo aire e os Puntos de Movemento (PtMv) que custa atravesar un Eido voando se expresan entre parénteses simples. Os animais voadores contan un valor fixo de PtMv para atravesar os Eidos de terra que sobrevoan, xa que ao desprazarse polo aire non lles afecta o Tipo de Terreo que hai no chan. Non obstante, debido a que os Eidos de mar teñen un tamaño medio superior ao dos Eidos de terra, o custe en PtMv de atravesar os primeiros é maior. Doutra banda, as malas condicións meteorolóxicas incrementan os PtMv necesarios para avanzar voando tanto sobre a terra como sobre o mar.

Read More

Movement by sea

Regras sobre o desprazamento sobre a superficie do mar ou baixo a auga, cos personaxes sós, a lombos dunha montura ou por medio dun vehículo mariño ou submariño. Inclúe regras para o movemento errante cando o personaxe é arrastrado pola corrente ou fica a mercé das ondas.

Read More

Basic aspects of the Movement Roll and movement on land

Cada PX, PNX e animal avanza tirando 1d6 e sumándolle o VMv que poida ter (se o VMv é cero, como acontece cos PX, terase en conta simplemente o resultado do dado). A cantidade resultante equivale aos Puntos de Movemento (PtMv) que ese actor poderá gastar para desprazarse nesa quenda, tendo en conta que por cada Eido que atravese terá que “pagar” unha determinada cantidade de PtMv, a cal varía en función do tipo de Eido (auga, aire, e tipo de Terreo nos Eidos Terrestres); da especie á que pertence ese personaxe ou animal, e do tipo de desprazamento (correndo, nadando ou voando) que realiza. O custe en PtMv de cruzar cada tipo de Eido ven indicada nas Fichas de Personaxe, no caso dos PX, e na Carta de Consulta Rápida, para os PNX e animais.

Read More
Loading
English (UK)