III – Mecánica do xogo
Pistas de Moedas
Orde de revelación de Pistas
Cando durante a Tirada de Evento (TEv) un PX saca un 1 no dado, e nese Eido non se atopa ningunha das Moedas perdidas, o DX revelará ao conxunto dos xogadores e xogadoras unha Pista sobre onde pode atopar algunha delas.
As pistas se darán sempre na mesma orde, indo das máis vagas ás máis precisas, a razón de unha nova pista por cada Tirada de Evento en que un PX obteña un 1.
A continuación, ofrécese a lista de pistas na orde en que serán descubertas. Os termos “Moeda A” e “Moeda B” fan referencia a unha ou outra das moedas nos arquipélagos nos que hai dúas moedas (ou sexa: Cíes, Ons e Sálvora). O DX decidirá cal das dúas moedas é a moeda A.
No caso de Cortegada, onde só hai unha Moeda por encontrar, a sucesión de pistas é: Pista 1, Pista 3, Pista 5 e Pista 7, ignorando as outras 4.
- Pista 1: O DX revelará se a Moeda A se atopa nun Eido de mar ou de terra.
- Pista 2: Igual que Pista 1, pero para a Moeda B
- Pista 3: O DX revelará se a Moeda A se atopa nun Eido costeiro (de mar ou de terra), ou non.
- Pista 4: Igual que Pista 3, pero para a Moeda B
- Pista 5: O DX revelará o Tipo de Terreo do Eido no que se atopa a Moeda A
- Pista 6: Igual que Pista 5, pero para a Moeda B
- Pista 7: O DX revelará a Rexión na que se atopa a Moeda A
- Pista 8: Igual que Pista 7, pero para a Moeda B
A partir das pistas 7-8, o DX xa non dará máis pistas aos xogadores. Ante un resultado de “1” na tirada de evento, só poderá dicir se nese Eido se atopa a moeda ou non.
Outros sistemas de Pistas
O Director ou Directora de Xogo é libres para establecer o seu propio sistema de Pistas. Incluso pode improvisalas, sempre e cando a nova información axude aos PX na súa pescuda.