III - Mecánica del juego

Pistas de Monedas
Orde de revelación de Pistas

Cando durante a Tirada de Evento (TEv) un PX saca un 1 no dado, e nese Eido non se atopa ningunha das Moedas perdidas, o DX revelará ao conxunto dos xogadores e xogadoras unha Pista sobre onde pode atopar algunha delas.

As pistas se darán sempre na mesma orde, indo das máis vagas ás máis precisas, a razón de unha nova pista por cada Tirada de Evento en que un PX obteña un 1.

A continuación, ofrécese a lista de pistas na orde en que serán descubertas. Os termos “Moeda A” e “Moeda B” fan referencia a unha ou outra das moedas nos arquipélagos nos que hai dúas moedas (ou sexa: Cíes, Ons e Sálvora). O DX decidirá cal das dúas moedas é a moeda A.

No caso de Cortegada, onde só hai unha Moeda por encontrar, a sucesión de pistas é: Pista 1, Pista 3, Pista 5 e Pista 7, ignorando as outras 4.

  • Pista 1: O DX revelará se a Moeda A se atopa nun Eido de mar ou de terra.
  • Pista 2: Igual que Pista 1, pero para a Moeda B
  • Pista 3: O DX revelará se a Moeda A se atopa nun Eido costeiro (de mar ou de terra), ou non.
  • Pista 4: Igual que Pista 3, pero para a Moeda B
  • Pista 5: O DX revelará o Tipo de Terreo do Eido no que se atopa a Moeda A
  • Pista 6: Igual que Pista 5, pero para a Moeda B
  • Pista 7: O DX revelará a Rexión na que se atopa a Moeda A
  • Pista 8: Igual que Pista 7, pero para a Moeda B

A partir das pistas 7-8, o DX xa non dará máis pistas aos xogadores. Ante un resultado de “1” na tirada de evento, só poderá dicir se nese Eido se atopa a moeda ou non.

Outros sistemas de Pistas

O Director ou Directora de Xogo é libres para establecer o seu propio sistema de Pistas. Incluso pode improvisalas, sempre e cando a nova información axude aos PX na súa pescuda.

Español
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.