V- Miscelánea

Asistencia a PJ en peligro o que no se puede desplazar sólo
Asistencia a un PX en perigo por un animal controlado por outro PX

Un animal que ten sido controlado con éxito por un PX nunha Tirada de Comunicación pode ser enviado a calquera Eido do taboleiro para socorrer a un PX en perigo. Por exemplo, para levarlle algún obxecto, para cargalo sobre o seu lombo ou para axudalo contra un PNX ou animal que o Ameaza.. 

Animal Axudante que leva obxecto valioso a un PX

Un animal controlado por un PX pode ser enviado a un Eido onde se atopa outro PX para levarlle a este algún obxecto que lle poida axudar. Por exemplo: unha planta mediciñal se o PX está ferido ou algunha ferramenta, arma ou talismán máxico.

Os animais só poden transportar cousas que poidan levar collidas cos dentes, atadas ao seu corpo ou agarradas co pico ou garras, no caso das aves.

Animal Axudante que ataca a un PNX ou animal que ameaza a outro PX

É posible enviar un animal controlado por un PX a un Eido onde se atopa un PNX ou animal que estea para agredir a outro PX ou xa se teña iniciado un combate con el. O animal controlado polo PX viaxará ata ese Eido polos seus propios medios e limitacións (en canto a tipos de terreo, etc) e atacará a ese PNX ou animal.

Animal Axudante que carga a un PX no seu lombo

Un PX pode enviar un animal a rescatar un compañeiro ferido ou que se atope nun lugar do que non pode ou non quere arriscarse a saír só (un illote, un saínte nun cantil…). Nestes casos, non será preciso que o PX rescatado faga unha Tirada de Control de Montura para cabalgar o animal. O único requisito é que este sexa dun tamaño igual ou superior ao do PX. Ante a dúbida, aplicarase sempre o sentido común.

En caso de que o PX levado por ese animal obteña un resultado de Accidente na súa Tirada de Evento durante o desprazamento, si deberá facer unha Tirada de Control de Montura empregando o seu propio VM para esa clase de animais. Se o PX vai ferido, aplicará as modificacións ao seu VM que correspondan ao tipo de Ferida que sofre (v. Tabla de Heridas, páx. 38). En caso de non ter un VM para ese animal, caerá de xeito inmediato da súa montura, facendo a Tirada de Accidente que corresponda. 

PX que carga a outro PX ás costas

Un PX que sexa dun tamaño igual ou maior a outro PX pode levar a este ás costas. En xeral, isto ocorre cando un PX padece unha Ferida Mortal e debe ser transportado a outro Eido para curarse.

Se o PX transportado é dun tamaño semellante ao PX que o leva, este só poderá avanzar 1 PtMv por Tirada de Movemento, en calquera Tipo de Terreo, e non poderá subir por Cantís rochosos ou de Toxos. Si poderá levalo polo mar, mais coa restrición sinalada ao movemento. 

Un PX que transporta a outro que, sendo máis pequeno, ten un tamaño maior a metade do propio, só poderá avanzar un máximo de 3 PtMv por Tirada de Movemento. E dicir: os resultados que na Tirada de Movemento sexan superiores a 3, reduciranse a 3. No mar, sofrerá a mesma restrición. Non poderá subir por Cantís rochosos ou de Toxos.

Se o PX ao que se transporta é dun tamaño inferior a metade do que o leva, este non sofrerá redución no seu movemento habitual.

Un PX que sofre unha Ferida Grave, só poderá levar a un PX dun tamaño inferior á metade do seu, e non poderá mover máis de 1 PtMv. 

Dous ou mais PX poden xuntarse para levar a outro. Neste caso sumarán os seus tamaños e se estimará a equivalencia para calcular as restricións ao movemento. Estas se aplicarán sobre o PX que teña menos capacidade de movemento en cada Tipo de Terreo.

Aos efectos sinalados, mariños e mouros se consideran dun tamaño semellante entre si, o mesmo ocorre con soliños e carcamáns, que á súa vez son dun tamaño maior da metade dos primeiros. Os rabusos teñen un tamaño inferior a metade dos carcamáns (e polo tanto, de todos os demais citados), mais son algo máis do dobre de grandes que os almuiuces. A xente cativa e bastante máis pequena da metade da talla dos almuices, e o mesmo ocorre cos minúsculos oestrimios con respecto á xente cativa.

Nota: Esta regra se pode facer extensiva, por parte do DX, aos PNX.

Español