Movemento do arao

VMv: (10) *

No xogo, os araos desprázanse exclusivamente voando, pois aínda que poden pousarse sobre a superficie do mar o da terra non cobren grandes distancias deste xeito. Os Puntos de Movemento (PtMv) que consumen en atravesar cada Eido de Terra (independentemente do Tipo de Terreo) é 1. Por sobrevoar cada Eido de mar empregan e 3 PtMv (os Eidos de mar son dun maior tamaño medio, de aí a diferencia). 

(para info sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)

Eido de MAR (voando)

3 PtMv

Eido de TERRA (voando)

1 PtMv

Mergullarse – calquera profundidade do taboleiro – no mesmo Eido

Os araos son excelentes mergulladores. Poden somerxerse ata 120m, é dicir, poden acadar calquera punto dos fondos que rodean as illas do Parque Nacional, que apenas sobrepasan os 50 m. nas zonas máis fondas. Aínda que son excelentes nadadores tamén baixo a auga, cada quenda que fan unha inmersión deben renunciar á Tirada de Movemento en horizontal, polo que só poden mergullarse no Eido no que se atopan.

Loita e Escape – VL: (6) / VE: (11) *

O Valor de Loita (VL) dos araos é de 6, polo que nas Tiradas de Loita suma 6 ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de 11, polo que nas Tiradas de Escape suma 11 ao resultado do dado.

Puntos de Vida (PV): 4

Os araos teñen 4 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a cuarta ferida.

* Nota

Os valores entre paréntese dobre indican que é un valor relativo ao aire (movemento polo aire, loita no aire, etc)

Español