IV- Interacción con Personaxes Non Xogadores e Animais

Situaciones especiales de Lucha
Loita no mar

Os VE e VL dun PX, PNX ou animal que se atopa no mar se indican entre parénteses dobres. Exemplo: ((6)). Polo demais, as regras da Loita son as mesmas que se estivesen en terra.

Loita no aire ou desde o aire

Os personaxes e animais voadores ou que van a lombos dunha montura voadora, poden Loitar no aire ou dende o aire. Para elo, empregarán o mesmo VE e VL que en terra. Cando Loitan dende o aire contra un personaxe ou animal que está no chan ou no mar, entendese que voan a rentes da superficie.

Cando un animal que está no aire sofre unha ferida que lle impide voar, precipitarase ao chan ou ao mar. O DX decidirá as consecuencias da caída dun xeito razoado, en función do tipo de animal e da altura a que se atopa. Se ese animal leva un PX como xinete, o PX deberá facer unha tirada na Táboa de Tirada de Accidentes en Aire – Caída de Montura voadora (v. Páx. 41). Se o xinete é un PNX, o DX decidirá as consecuencias da caída, que deben ser sempre razoables.

Loita nos cantís

Os personaxes e animais envoltos nunha Loita que se atopen nun Eido de Cantil rochoso e non teñan a capacidade de voar, terán un modificador de -5 ao seu VL. No caso de que estean nun Cantil con Toxeiras, o modificador será de  -2. Os afectados por este modificador tampouco poderán tratar de escapar (só poderán empregar o seu VL, non o seu VE. (v. Epígrafe Tirada de Loita con Escape (TLE) na páxina anterior).

Estes modificadores ao VL, se suman a outros que o personaxe ou animal poida ter (por exemplo, os causados por Feridas).

Loita entre máis de dous contendentes

Nas Loitas é posible que haxa máis dun Atacante e/ou máis dun Defensor. 

No caso de Loitar varios personaxes e/ou animais contra un só opoñente, cada un dos que actúa en grupo realizará a súa Tirada de Loita, e se apuntarán os resultados de cada un deles. O que Loita só fará a súa Tirada de Loita e poderá elixir como distribuír os puntos que obtén (se os emprega todos para contrarrestar a un só dos seus opoñentes ou se os divide para neutralizar varios deles). Cada un dos membros do grupo que non sexa contido fará unha Tirada de Dano sobre o que Loita só, e se calculará a suma das Ferida sobre el (v. Epígrafe Suma de Feridas, páx. 36). O que Loita só, pola súa banda, fará unha Tirada de Dano por cada Atacante ao que teña conseguido vencer no Combate.

No caso de haber varios Atacantes contra varios Defensores, cada un dos Atacantes decidirá a cal dos Defensores atacar, e se resolverán os combates por separado, como Loitas de un contra un ou de varios contra un.

Nota: Algúns tipos de personaxes, como os demiños, cando son varios actúan sempre en enxame e teñen as súas propias regras de combate (v. Epígrafe Demiños (colocación libre por parte do DX en calquera Eido de Bosque ou Campo en Figueiras), páx. 44).

Español