Movemento do xabarín
VMv: 10 ((0)) *
No xogo, o xabarín ten un Valor de Movemento (VMv) de 10 en terra e de 0 no mar, polo que os Puntos de Movemento (PtMv) de que dispón en cada quenda establécense, para os deprazamentos por terra, engadindo 10 puntos ao resultado dunha tirada de dado, e para o movemento por mar, simplemente cos Puntos de Movemento resultantes da tirada de dado.
A continuación indícase a cantidade de PtMv que custa aos xabaríns cruzar os distintos tipos de Eidos (para obter información sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)
Eido de MAR (a nado)
6 PtMv
Eido de ROCHAS (costeiras ou de interior)
1 PtMv
Eido de TOXEIRAS ou BOSQUE
1 PtMv
Eido de DUNAS, PRAIAS, MATOGUEIRAS ou CAMPOS
1 PtMv
Eido de HUMEDAIS, Eidos con REGOS - Lugares con FONTES
1 PtMv
Eido de ZONA URBANA
1 PtMv
Parada dun CAMIÑO
1/2 PtMv (por cada 2 paradas conta 1)
Non se mergullan
Loita e Escape – VL: 14 ((6)) / VE: 6 ((4)) *
O Valor de Loita (VL) dos xabaríns é de 14 en terra e de 6 no mar, polo que nas Tiradas de Loita suma 14 ou 6 ao resultado do dado, segundo estea nun Eido de terra ou de mar. O Valor de Escape (VE) é de 6 en terra e de 4 no mar, polo que nas Tiradas de Escape suma 6 ou 4 ao resultado do dado en función de onde se atope.
Puntos de Vida (PV): 14
Os xabaríns teñen 14 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a decimocuarta ferida.
* Nota
Os valores entre paréntese dobre indican que é un valor relativo á auga (movemento pola auga, loita na auga, etc)