III - Game mechanics

Game Master's Turn

Durante a súa quenda, o DX realizará as seguintes accións, sempre na mesma orde:

1- Consulta da Táboa de Roldas para ver se hai algún acontecemento especial. No caso de habelo, executarase inmediatamente e antes de resolver calquera outra acción.

2- Consulta da súa Folla de Campaña para ver o estado dos PNX e animais Activados, e fará, se se dá o caso, as tiradas con respecto ao cambio de estado entre Amigable, Neutral e Hostil dos Animais cos que os PX teñan realizado unha Tirada de Comunicación. Tamén revisará e actualizará, se procede, o estado das Feridas que os PNX e Animais Activados poidan ter sofrido como consecuencia dunha Loita con algún PX.

3 – Moverá (ou non) os PNX e animais xa Activados. O DX poderá facer unha Tirada de Movemento por cada PNX ou animal Activado que non estea nunha situación que lle impida desprazarse. 

As regras de movemento dos PNX e animais son as mesmas que as dos PX: Tirada de 1d6 + VMv dese actor para obter un total de Puntos de Movemento (PtMv), os cales se consumirán en función do que lle custe atravesar cada tipo de Eido a ese PNX ou animal. Os PNX e animais non teñen fichas propias coma os PX, mais a súa capacidade de movemento, ao igual que outros parámetros, aparece indicada na Quick Reference Chart. 

O DX non está obrigado a mover todos os PNX e Animais Activados nin a consumir todos os PtMv destes.  

4 – Activación de novos PNX e Animais por parte do DX. O DX poderá Activar de xeito automático os PNX e Animais que aparezan na Folla de Dirección do Xogo asociados ao Eido no que rematen o seu movemento outros PNX ou animais xa Activados.

5 – Resolución das Tiradas de Loita por parte do DX. O DX fará, se o desexa, as Tiradas de Loita (Ataque) que lle poidan corresponder aos PNX e animais Activados.

Sobre a non necesidade de comprobacións de Control de Montura, Comunicación e Accidentes de PNX e animais

Neste Regulamento Básico, o DX non ten que realizar Tiradas de Control de Montura, Comunicación con Animais, Accidentes, etc. Asúmese que PNX e animais teñen sempre éxito nas súas accións cando non implican a un PX. Así mesmo, os PNX só poderán ser atacados por animais que estean controlados por un PX. Ademais, os PNX poderán cabalgar ou ser axudados por calquera animal presente no Eido no que rematen o seu movemento, sen necesidade de realizar trámite ningún; sempre que ese animal non estea controlado por un PX, e sexa compatible co PNX en cuestión. A compatibilidade entre un determinado PNX e unha especie animal concreta se establecerá na ficha online dese PNX. De non estar especificado, será o DX quen decidirá se hai tal compatibilidade ou non, buscando o consenso cos xogadores e xogadoras.