Movemento do gato
VMv: 10
No xogo, os gatos móvense exclusivamente polos Eidos terrestres. Teñen un Valor de Movemento (VMv) de 10, polo que os Puntos de Movemento (PtMv) de que dispoñen en cada quenda establécense engadindo 10 puntos ao resultado dunha tirada de dado.Â
A continuación indÃcase a cantidade de PtMv que custa aos gatos cruzar os distintos tipos de Eidos (para obter información sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)
Eido de ROCHAS (costeiras ou de interior)
1 PtMv
Eido de TOXEIRAS ou BOSQUE
1 PtMv
Eido de DUNAS, PRAIAS, MATOGUEIRAS ou CAMPOS
1 PtMv
Eido de HUMEDAIS, Eidos con REGOS - Lugares con FONTES
1 PtMv
Eido de ZONA URBANA
1 PtMv
Parada dun CAMIÑO
1/2 PtMv (por cada 2 paradas conta 1)
Non se mergullan
Loita e Escape – VL: 7 / VE: 8
O Valor de Loita (VL) dos gatos é de 7, polo que nas Tiradas de Loita suma 7 ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de 8, polo que nas Tiradas de Escape suma 8 ao resultado do dado.
Puntos de Vida (PV): 5
Os gatos teñen 5 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a quinta ferida.