Movemento do gato

VMv: 10

No xogo, os gatos móvense exclusivamente polos Eidos terrestres. Teñen un Valor de Movemento (VMv) de 10, polo que os Puntos de Movemento (PtMv) de que dispoñen en cada quenda establécense engadindo 10 puntos ao resultado dunha tirada de dado. 

A continuación indícase a cantidade de PtMv que custa aos gatos cruzar os distintos tipos de Eidos (para obter información sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)

Eido de ROCHAS (costeiras ou de interior)

1 PtMv

Eido de TOXEIRAS ou BOSQUE

1 PtMv

Eido de DUNAS, PRAIAS, MATOGUEIRAS ou CAMPOS

1 PtMv

Eido de HUMEDAIS, Eidos con REGOS - Lugares con FONTES

1 PtMv

Eido de ZONA URBANA

1 PtMv

Parada dun CAMIÑO

1/2 PtMv (por cada 2 paradas conta 1)

Non se mergullan

Loita e Escape – VL: 7 / VE: 8

O Valor de Loita (VL) dos gatos é de 7, polo que nas Tiradas de Loita suma 7 ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de 8, polo que nas Tiradas de Escape suma 8 ao resultado do dado.

Puntos de Vida (PV): 5

Os gatos teñen 5 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a quinta ferida.