Movemento da candorca
VMv: ((4)) *
No xogo, as candorcas teñen un Valor de Movemento (VMv) de 4, polo que ao resultado da tirada do dado ten que sumar 4 para determinar os Puntos de Movemento (PtMv) de que dispón en cada quenda. Naturalmente, só se desprazan polo mar.
A continuación indÃcase a cantidade de PtMv que custa aos arroaces cruzar os Eidos de mar (para obter información sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)
Eidos de mar (costeiros ou de mar aberto)
6 PtMv
Poden mergullarse a calquera profundidade e tamén asomar á superficie
Loita e Escape – VL: ((12)) / VE: ((8)) *
O Valor de Loita (VL) das candorcas é de 12, polo que nas Tiradas de Loita suma 12 ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de 8, polo que nas Tiradas de Escape suma 8 ao resultado do dado.
Puntos de Vida (PV): 20
Os arroaces teñen 10 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a décima ferida.
* Nota
Os valores entre paréntese dobre indican que é un valor relativo á auga (movemento pola auga, loita na auga, etc)