IV- Interacción con Personaxes Non Xogadores e Animais

Activation and Deactivation of NPC and Animals
PNX Activados e Animais Activados

As veces un PNX ou Animal, logo de manifestarse no xogo, non resulta controlado, derrotado ou posto en fuga por parte dun PX; ou simplemente é ignorado por este. Tamén pode darse que a Round Chart faga irromper a un animal ou PNX nunha determinada quenda da partida, nun determinado Eido do taboleiro. En calquera destes casos, e con independencia da disposición que teña cara aos distintos PX do xogo (Amigable, Neutral ou Hostil), un personaxe ou animal que non está envolto nunha interacción cun PX, ficará baixo o control do DX, que na súa quenda poderá movelo libremente polo taboleiro.

Un PNX ou Animal Hostil que teña sido Activado pode atacar a calquera PX que, durante a súa Tirada de Movemento, cruce o Eido onde se atopa este PNX ou animal ou remate o seu movemento nel.

O DX poderá Activar aos PNX e animais que estean apuntados na súa Folla de Dirección do Xogo nun Eido no que remate o seu movemento outro PNX ou animal xa Activados. 

Desactivación de PNX e animais

Un PNX ou animal pode deixar de estar Activo como consecuencia dalgunhas accións da partida. Por exemplo, cando ten éxito nunha Tirada de Loita con Escape ou cando o seu opoñente nunha Loita logra escapar del. Nestes casos, o DX ten a opción de desactivar ese PNX ou animal, o que significa que volverá ocultalo nese mesmo Eido, no que poderá volver aparecer de novo como resultado dunha Event roll.