Select Page

V- Miscelánea

Accidents
Tirada de Accidente

Os Accidentes (Acc) son sucesos prexudiciais de carácter fortuíto que pode sofrer un PX durante a busca das Moedas. Danse durante a Tirada de Evento, e as súas consecuencias dependen do tipo de PX, da modalidade de desprazamento, do Tipo de Eido no que se atopa, do Estado do Tempo e, no caso do mar, do tipo de Eido mariño no que se atopa. 

Cando se produce un Accidente, realízase unha tirada de 1d6 e se cruza o resultado desta co tipo de PX e de terreo na táboa que corresponda en función das circunstancias en que se produciu o desprazamento do PX na súa Tirada de Movemento.

  • Tirada de Accidente en terra cando o PX vai sen montura (Páx. 39).
  • Tirada de Accidente en terra cando o PX vai a lombos dunha montura (Páx. 40).
  • Tirada de Accidente en aire cando o PX vai a lombos dunha montura voadora (Páx. 41).
  • Táboa de accidentes no mar (Páx. 37).
Afogamento

Un PX, PNX ou animal que nunha Tirada de Accidente no Mar obtén un resultado de “Afogamento”, queda somerxido na auga e só pode salvar a vida se é rescatado por outro PX, PNX ou animal antes de que chegue de novo a súa quenda.

Se o PX que obtén un resultado de “Afogamento” na Tirada de Accidente xa estaba en situación de Afogamento (por exemplo, se estaba en situación de Movemento Errante na auga, e sacou un 6 na Tirada de Movemento), o PX morrerá de xeito inmediato.

Personaxe suspendido nun Cantil rochoso

Ás veces, un accidente nun Cantil rochoso dá como resultado que un PX fique suspendido nun reborde ou pendurado dunha póla sobre o baleiro, ou ben nunha repisa da que non pode saír polo seu propio pé.

Nestes casos, o PX non poderá moverse ata que alguén (Outro PX, un Animal Amigable co que poida contactar ou ben un animal controlado por outro PX) acuda na súa axuda.

Si deberá facer, como en calquera outra quenda, a súa Tirada de Evento, coas modificacións que se sinalan na sección Modificacións á Tirada de Evento cando o PX se atopa suspendido nun saínte dun Cantil rochoso (Páx. 26).

A capacidade de combate dun personaxe que se atopa nesta situación vese minguada (v. Epígrafe Loita nos cantís, páx. 33). 

Si poderá facer Tiradas de Comunicación cos animais sen penalización. Para tratar de cabalgar un animal que poida atopar no cantil, deberá facer primeiro unha Tirada de Comunicación exitosa con ese animal, e despois unha Tirada de Control de Montura, sempre cos modificadores que correspondan polas Feridas que poida ter. 

English (UK)