Select Page

Categoría: Seres máxicos de Sálvora

A Santa Compaña en Sálvora

Segundo a tradición oral, a Santa Compaña ten no illote de Noro outra das portas de acceso ao noso mundo. Disque sae os venres dalgunha furna ou creba entre os petoutos de granito e se despraza por mar ata a area dos Bois, en Sálvora. Dende alí, continúa por terra a través do Milreu e a Aldea para despois rodear a illa ata desaparecer no alto da Gralleira. Outras versións da lenda din que fai o percorrido inverso.

Read More

Os saefes de Sálvora

Segundo a Ora Maritima de Avieno, os saefes expulsaron de Galicia aos seus antigos poboadores, os oestrymnios. No xogo, o Rei dos Saefes e os seus animais totémicos (un porco, un cabalo e un galo) son os cons que se estenden ao norte e leste de Sálvora. Poden “espertar” e moverse cando son desturbados, ben polo canto do galo de Vionta ou ben porque alguén toca a moeda fenicia agochada neste territorio.

Read More

A Serea de Sálvora, Señora da illa

A Serea de Sálvora habita nun magnífico pazo de ca oculto baixo os fondos areosos entre os illotes. Un tempo da súa vida foi muller humana e esposa dun nobre cabaleiro. Os mariños e as mariñas, que teñen nas súas veas parte do sangue azul desta serea, poden invocala soprando unha pequena frauta en forma de caramuxo.

Read More

Os oestrimios de Sálvora

No mundo do xogo, os oestrimios e as oestrimias preséntanse como uns seres minúsculos por efecto dun longo esquecemento de máis de dous mil anos. Nos últimos dez séculos, conseguiron sobrevivir á crecente antropización da súa contorna refuxiados nas dunas e uceiras de Sálvora, onde construíron fermosos palacios de cunchas. Se alguén consegue sacar da rocha do Milreu a mítica espada de Escalibor, os oestrimios recuperarán o tamaño e aparencia dos seus míticos devanceiros, e se volverán moi semellantes aos mouros luminosos.

Read More

Os mariños de Sálvora

No xogo, os mariños e as mariñas habitan en refuxios submariños preto das costas de Sálvora, e as noites de lúa saen a deitarse sobre as numerosos cons que rodean a illa. Ao teren unha gran proporción de sangue humano, apenas minguaron de tamaño, sendo só algo máis miúdos que as persoas comúns. A xente desta especie só pode permanecer cinco quendas fóra da auga. Se non volven antes ao mar ou se achegan a algún espazo de auga doce, morrerán deshidratados.

Read More
Loading
Galego