Seres máxicos de Sálvora

A Santa Compaña en Sálvora

Segundo a tradición oral, a Santa Compaña ten no illote de Noro outra das portas de acceso ao noso mundo. Disque sae os venres dalgunha furna ou creba entre os petoutos de granito e se despraza por mar ata a area dos Bois, en Sálvora. Dende alí, continúa por terra a través do Milreu e a Aldea para despois rodear a illa ata desaparecer no alto da Gralleira. Outras versións da lenda din que fai o percorrido inverso. 

No xogo de Illas das Marabillas, a Santa Compaña pode realizar o seu itinerario en calquera dos dous sentidos. Ao igual que en Ons, obrigará a calquera que se atopen na súa marcha a desfilar con eles. Para impedilo, o resto dos PX deben sacar a espada da pedra do Milreu, co risco de caer eles mesmos presa da Compaña.

Galego