Seres máxicos de Sálvora

A Serea de Sálvora, Señora da illa

A Serea de Sálvora habita nun magnífico pazo de ca oculto baixo os fondos areosos entre os illotes. Un tempo da súa vida foi muller humana e esposa dun nobre cabaleiro, e ás veces sobe á praia as noites de luar para tenderse sobre as rochas e lembrar tempos pasados. Na escala temporal dos seres inmortais, “ás veces” pode significar unha vez por século. Por sorte, os mariños e as mariñas, que teñen nas súas veas parte do sangue azul desta serea, poden invocala soprando unha pequena frauta en forma de caramuxo –chamda Frauta do Tritón– desde eses mesmos penedos. Máis difícil o teñen o resto dos PX, que ao non dispor de tal instrumento, teñen que acudir a unha gaivota sombría para que chame na súa lingua á serea.

Galego