III – Mecánica do xogo

Vehículos
Obter e reparar vehículos

Un PX que queira empregar un determinado vehículo, terá que ir buscalo a un ou varios Eidos concretos dos distintos arquipélagos, ou ben recompilar as pezas necesarias para a súa construción, segundo lle indique o DX.

Na web iranse publicando Fichas de vehículos e materiais para construílos, con detalles sobre onde se pode atopar cada un deles, así como o xeito de reparalos. O DX tamén é libre de crear as súas propias regras para a creación de novos medios de transporte e as súas posibilidades de movemento, tendo en conta sempre que os seres máxicos empregan exclusivamente materiais naturais e non producen enxeños contaminantes.

Nalgúns casos, os vehículos poden ser un Don outorgado por un SDI. Nestes casos,o SDI indicará ao PX o Eido onde lle agarda este agasallo.

Galego