Movemento da lontra

VMv: 1 ((1)) *

No xogo, a lontra ten un Valor de Movemento (VMv) de 1, tanto en terra como no mar, polo que os Puntos de Movemento (PtMv) de que dispón en cada quenda establécense engadindo 1 punto ao resultado dunha tirada de dado. Pode desprazarse tanto por terra -en xeral en Eidos costeiros ou próximos a un rego, e en ningún caso por cantís- como por mar, pois é unha excelente nadadora.

A continuación indícase a cantidade de PtMv que custa ás lontras cruzar os distintos tipos de Eidos (para obter información sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)

Eido de MAR (a nado)

6 PtMv

Eido de ROCHAS (costeiras ou de interior)

1 PtMv

Eido de TOXEIRAS ou BOSQUE

1 PtMv

Eido de DUNAS, PRAIAS, MATOGUEIRAS ou CAMPOS

1 PtMv

Eido de HUMEDAIS, Eidos con REGOS - Lugares con FONTES

1 PtMv

Eido de ZONA URBANA

1 PtMv

Parada dun CAMIÑO

1/2 PtMv (por cada 2 paradas conta 1)

Mergullarse – 10 m. no mesmo Eido

Pode mergullarse no Eido de Mar onde se atopa ata unha profundidade de 10m se renuncia á Tirada de Movemento nesa quenda.

Loita e Escape – VL: 7 ((7)) / VE: 8 ((8)) *

O Valor de Loita (VL) das lontras é de 7, polo que nas Tiradas de Loita suma 7 ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de 8, polo que nas Tiradas de Escape suma 8 ao resultado do dado.

Puntos de Vida (PV): 5

As lontras teñen 5 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a quinta ferida.

* Nota

Os valores entre paréntese dobre indican que é un valor relativo á auga (movemento pola auga, loita na auga, etc)

Galego