III - Mecánica del juego
Tirada de Evento sobre a auga, no aire ou para un personaxe pendurado dun Cantil rochoso
Modificacións á Tirada de Evento de PX que se atopa sobre a superficie da auga
Cando un PX flota, nada ou navega sobre a superficie da auga, a visión que ten dos fondos mariños é case nula. Nestes casos, os resultados da Tirada de Evento modifícanse como segue:
- Resultado de 1 no dado: Se o PX está nun Eido de mar -ou zona dun Eido de mar- cunha profundidade inferior a 5m (ou sexa, entre a primeira liña branca esvaída e a costa), e ademais hai Bo Tempo (TB), o PX detecta a Moeda ou a Pista. Se hai Tempo Revolto ou Temporal, ou ben o PX está nunha zona de maior profundidade, o DX informará aos xogadores e xogadoras de que o PX non logra ver o fondo. O PX sempre poderá agardar á seguinte quenda e mergullarse nese Eido.
- Resultado de 2 no dado: Aplicarase a mesma mecánica que no caso de Resultado de 1, pero en lugar de á Moeda ou Pista, a un Tesouro.
- Resultado de 3: Se hai Bo Tempo ou Tempo Revolto, non acontece nada. Se hai Temporal, o PX sofre un Accidente e deberá facer unha Tirada de Accidente.
- Resultado de 4: Se hai Bo Tempo, non acontece nada. Se hai Tempo Revolto ou Temporal, o PX sofre un Accidente e deberá facer unha Tirada de Accidente.
- Resultado de 5: Ao PX lle asalta unha Ameaza.
- Resultado de 6: O PX sofre un Accidente e deberá facer unha Tirada de Accidente.
Para ver o que acontece ou pode acontecer logo de atopar a Moeda, Pista, Tesouro ou Ameaza ou ao sacar un resultado de Accidente, v. Tirada de Evento básica (en tierra o bajo el agua), na páxina anterior.
Modificacións á Tirada de Evento dun PX que se despraza polo aire
Durante as viaxes polo aire, os PX teñen máis difícil detectar as Moedas, Pistas ou Tesouros. As Ameazas son tamén distintas, e o risco de Accidentes está moi influenciado polo estado do tempo. Deste xeito, a Tirada de Evento se resolve como segue:
- Resultado de 1 no dado: O PX debe tirar de novo 1d6: Só detectará a Moeda ou a Pista se saca de novo un 1 e ademais se dan as seguintes condicións: que o Tempo sexa Bo (TB) e que a Moeda ou Pista estea nun Eido de terra ou nun Eido de mar ou zona do Eido cunha profundidade inferior a 5 metros. Se non saca un 1 ou non se dan as condicións sinaladas, o DX informará aos xogadores e xogadoras de que ese PX non é capaz de albiscar o fondo do mar e por tanto non pode saber o que alí se agocha.
- Resultado de 2 no dado: O PX debe tirar de novo 1d6: só detectará o Tesouro se obtén un resultado de 1-3. No caso de sobrevoar un Eido mariño, se non fai Bo Tempo e o Tesouro está a unha profundidade maior de 5 metros, o PX non será capaz de velo. En caso de que os Tesouros sexan obxectos, plantas, animais ou PNX que estean flotando sobre a auga, ou se trate de aves ou PNX amistosos que voen por riba dela, o PX poderá percibilo incluso en condicións de Tempo Revolto ou Temporal.
- Resultado de 3 no dado: Se hai Bo Tempo ou Tempo Revolto, non acontece nada. Se hai Temporal, o PX sofre un Accidente e, polo tanto, debe facer unha Tirada de Control de Montura.
- Resultado de 4 no dado: Se hai Bo Tempo, non acontece nada. Se hai Tempo Revolto ou Temporal, o PX sofre un Accidente e, polo tanto, debe facer unha Tirada de Control de Montura.
- Resultado de 5 no dado: unha Ameaza asalta ao PX, que neste caso só pode ser un animal ou PNX capaz de desprazarse polo aire.
- Resultado de 6 no dado: o PX sofre un Accidente, independentemente do estado do tempo. Polo tanto, debe facer unha Tirada de Control de Montura.
Para ver o que acontece ou pode acontecer logo de atopar a Moeda, Pista, Tesouro ou Ameaza ou ao sacar un resultado de Accidente, v. Tirada de Evento básica (en tierra o bajo el agua), na páxina anterior.
Modificacións á Tirada de Evento cando o PX se atopa suspendido nun saínte dun Cantil rochoso
Como consecuencia dun accidente, un PX pode ficar suspendido nun saínte dun cantil. Mentres se atope nesta situación, os resultados da súa Tirada de Evento se interpretarán como segue:
- Resultado de 1: Se a Moeda está nese Eido, O PX a localiza coa vista, mais non pode collela. Se a Moeda non está presente, o DX revela unha Pista do seu paradoiro.
- Resultado de 2: O PX descubre un Tesouro nese Eido. No caso de ser un obxecto ou planta, non poderá collelo. No caso de ser un Animal Amigable ou Neutral, poder facer unha Tirada de Comunicación con el, e se te éxito, poderá intentar unha Tirada de Control de Montura na súa seguinte quenda.
- Resultado de 3: Se hai Bo Tempo ou Tempo Revolto, non acontece nada. Se hai Temporal, o PX cae e debe facer unha Tirada de Accidente consultando os resultados para accidentes nun Cantil rochoso na Táboa de Tirada de Accidentes en Terra – Sen Montura (v. Páx. 39).
- Resultado de 4: Se hai Bo Tempo ou Tempo Revolto, non acontece nada. Se hai Temporal, cae e debe facer unha Tirada de Accidente consultando os resultados para accidentes nun Cantil rochoso na Táboa de Tirada de Accidentes en Terra – Sen Montura (v. Páx. 39).
- Resultado de 5: unha Ameaza (un Animal Hostil, ou un PNX Hostil, se así o dispuxo o DX na súa Folla de Dirección do Xogo) asalta ao PX. Cando o personaxe ou animal Ataque ao PX, este non poderá tratar de escapar, é dicir, na Tirada de Loita subseguinte non poderá empregar o seu VE, senón o seu VL, e ademais cun modificador de -5, que se suma a outros posibles modificadores por feridas.
- Resultado de 6: O PX cae, e debe facer unha Tirada de Accidente para ver as consecuencias dun Accidente nun Cantil rochoso na Táboa de Tirada de Accidentes en Terra – Sen Montura (v. Páx. 39).
Para ver o que acontece ou pode acontecer logo de atopar a Moeda, Pista, Tesouro ou Ameaza ou ao sacar un resultado de Accidente, v. Tirada de Evento básica (en tierra o bajo el agua), páx. 25