Movemento do Polbo

VMv: ((0)) *

No xogo, os polbos teñen un VMv (Valor de Movemento) de 0, polo que non engaden nada ao resultado do dado para determinar os Puntos de Movemento de que dispoñen en cada quenda. Desprázanse exclusivamente por mar (tanto nadando baixo a superficie como avanzando a rentes dos fondos mariños) onde son máis veloces. Se ben en ocasións poden aventurarse polas rochas das zonas intermareais cando baixa a marea, a area húmida das praias e as rochas costeiras, onde atopan numerosas pozas de auga onde respirar, non cobren grandes distancias fóra da auga. Os almuices os empregan como animais de tiro dos seus submariños feitos de cunchas.

A continuación indícase a cantidade de PtMv que custa aos polbos cruzar os Eidos mariños (para info sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)

Eido de MAR

3 PtMv

Eido de Praia AREA húmeda

3 PtMv

Eido de Rochas intermareais

3 PtMv

Eido de ROCHAS costeiras

3 PtMv

Mergullarse – calquera profundidade

Pode mergullarse a calquera profundidade e avanzar a rentes dos fondos mariños sen límite de quendas.

Loita e Escape – VL: 2 ((3)) / VE: 6 ((10)) *

O Valor de Loita (VL) dos polbos é de 3 baixo a auga e de 2 en terra, polo que nas Tiradas de Loita suma 3 ao resultado do dado baixo o mar e 2 cando se atopa en terra. O Valor de Escape (VE) é de 10 baixo a auga e de 6 en terra polo que nas Tiradas de Escape suma 10 ou 6, segundo o caso, ao resultado do dado.

Puntos de Vida (PV): 3

Os polbos teñen 3 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a terceira ferida.

* Nota

Os valores entre paréntese dobre indican que é un valor relativo á auga (movemento pola auga, loita na auga, etc)

Español