Movemento da corza

VMv: 12 ((0)) *

No xogo, a corza ten un Valor de Movemento (VMv) de 12 en terra e de 0 no mar, polo que os Puntos de Movemento (PtMv) de que dispón en cada quenda establécense, para os deprazamentos por terra, engadindo 12 puntos ao resultado dunha tirada de dado, e para o movemento por mar, simplemente cos Puntos de Movemento resultantes da tirada de dado.

A continuación indícase a cantidade de PtMv que custa ás corzas cruzar os distintos tipos de Eidos (para obter información sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)

Eido de MAR (a nado)

6 PtMv

Eido de ROCHAS (costeiras ou de interior)

1 PtMv

Eido de TOXEIRAS ou BOSQUE

1 PtMv

Eido de DUNAS, PRAIAS, MATOGUEIRAS ou CAMPOS

1 PtMv

Eido de HUMEDAIS, Eidos con REGOS - Lugares con FONTES

1 PtMv

Eido de ZONA URBANA

1 PtMv

Parada dun CAMIÑO

1/2 PtMv (por cada 2 paradas conta 1)

Non se mergullan

Loita e Escape – VL: 8 ((4)) / VE: 9 ((4)) *

O Valor de Loita (VL) das corzas é de 8 en terra e de 4 no mar, polo que nas Tiradas de Loita suma 8 ou 4 ao resultado do dado, segundo estea nun Eido de terra ou de mar. O Valor de Escape (VE) é de 9 en terra e de 4 no mar, polo que nas Tiradas de Escape suma 9 ou 4 ao resultado do dado en función de onde se atope.

Puntos de Vida (PV): 9

as corzas teñen 9 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a novena ferida.

* Nota

Os valores entre paréntese dobre indican que é un valor relativo á auga (movemento pola auga, loita na auga, etc)

Español