Movemento do cervo

VMv: 12 ((0)) *

No xogo, o cervo ten un Valor de Movemento (VMv) de 12 en terra e de 0 no mar, polo que os Puntos de Movemento (PtMv) de que dispón en cada quenda establécense, para os deprazamentos por terra, engadindo 12 puntos ao resultado dunha tirada de dado, e para o movemento por mar, simplemente cos Puntos de Movemento resultantes da tirada de dado.

A continuación indícase a cantidade de PtMv que custa aos cervos cruzar os distintos tipos de Eidos (para obter información sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)

Eido de MAR (a nado)

6 PtMv

Eido de ROCHAS (costeiras ou de interior)

1 PtMv

Eido de TOXEIRAS ou BOSQUE

1 PtMv

Eido de DUNAS, PRAIAS, MATOGUEIRAS ou CAMPOS

1 PtMv

Eido de HUMEDAIS, Eidos con REGOS - Lugares con FONTES

1 PtMv

Eido de ZONA URBANA

1 PtMv

Parada dun CAMIÑO

1/2 PtMv (por cada 2 paradas conta 1)

Non se mergullan

Loita e Escape – VL: 12 ((5)) / VE: 8 ((4)) *

O Valor de Loita (VL) dos cervos é de 12 en terra e de 5 no mar, polo que nas Tiradas de Loita suma 12 ou 5 ao resultado do dado, segundo estea nun Eido de terra ou de mar. O Valor de Escape (VE) é de 8 en terra e de 4 no mar, polo que nas Tiradas de Escape suma 8 ou 4 ao resultado do dado en función de onde se atope.

Puntos de Vida (PV): 11

Os cervos teñen 11 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a undécima ferida.

* Nota

Os valores entre paréntese dobre indican que é un valor relativo á auga (movemento pola auga, loita na auga, etc)

Español
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.