Caranguexo queimacasas

Movemento do caranguexo queimacasas

VMv: 0 ((0)) *

No xogo, os caranguexos queimacasas teñen un VMv (Valor de Movemento) de 0, tanto en terra como baixo a auga, polo que non engaden nada ao resultado do dado para determinar os Puntos de Movemento de que dispoñen en cada quenda. Desprázanse exclusivamente camiñando, tanto en terra (só por praias, dunas e rochas costeiras) como baixo a superficie do mar. A xente cativa os emprega como vehículo submariño, colocando sobre o seu lombo unha cápsula impermeable selada con resina.

A continuación indícase a cantidade de PtMv que custa aos caranguexos cruzar os distintos tipos de Eido (para info sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)

Eido de MAR (caminando polo fondo)

6 PtMv

Eido de Praia AREA húmeda

3 PtMv

Eido de PRAIA

3 PtMv

Eido de DUNAS

3 PtMv

Eido de ROCHAS costeiras

3 PtMv

Mergullarse – calquera profundidade

Pode mergullarse a calquera profundidade e camiñar polos fondos mariños sen límite de quendas.

Loita e Escape – VL: 2 ((2)) / VE: 4 ((5)) *

O Valor de Loita (VL) dos caranguexos queimacasas é de 2 tanto baixo a auga como en terra, polo que nas Tiradas de Loita suma 2 ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de ((5)) baixo o mar e 4 en terra, polo que nas Tiradas de Escape suma 5 ou 4 ao resultado do dado, segundo o caso.

Puntos de Vida (PV): 4

Grazas a dureza da súa cuncha, os caranguexos queimacasas teñen 4 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a cuarta ferida.

* Nota

Os valores entre paréntese dobre indican que é un valor relativo á auga (movemento pola auga, loita na auga, etc)

Español