Movemento da toupa
VMv: 2
As toupas móvense exclusivamente por terra (ou polos seus túneles baixo terra). No xogo teñen un Valor de Movemento (VMv) de 2 , polo que os Puntos de Movemento (PtMv) de que dispón en cada quenda de movemento establécense engadindo 2 puntos ao resultado dunha tirada de dado.
A continuación indícase a cantidade de PtMv que custa ás toupas cruzar os distintos tipos de Eidos (para obter información sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)
Eido de CANTÍS (rochosos ou de toxeiras)
4 PtMv
Eido de ROCHAS (costeiras ou de interior)
1 PtMv
Eido de TOXEIRAS ou BOSQUE
1 PtMv
Eido de DUNAS, PRAIAS, MATOGUEIRAS ou CAMPOS
1 PtMv
Eido de HUMEDAIS, Eidos con REGOS - Lugares con FONTES
1 PtMv
Eido de ZONA URBANA
1 PtMv
Parada dun CAMIÑO
1/2 PtMv (por cada 2 paradas conta 1)
Non se mergullan
Loita e Escape – VL: 3 / VE: 7
As toupas teñen un Valor de Loita (VL) de 3, polo que nas Tiradas de Loita suma 3 ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de 7, polo que nas Tiradas de Escape suma 7 ao resultado do dado.
Puntos de Vida (PV): 3
Os murgaños teñen 3 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a terceira ferida.