Cabaliño do demo

 Movemento do cabaliño do demo

VMv: (10) *

No xogo, os cabaliños do demo teñen un Valor de Movemento (VMv) de 10, é dicir, que os Puntos de Movemento (PtMv) de que dispón en cada quenda establécense engadindo 10 puntos ao resultado dunha tirada de dado. Móvense sempre voando, polo que poden desprazarse de xeito indiferente sobre calquera tipo de Eido, se ben atravesar cada Eido de mar lles custa o triple que un Eido de terra, debido ao tamaño medio superior dos primeiros.

A continuación indícase a cantidade de PtMv que custa aos cabaliños do demo cruzar os distintos tipos de Eidos (para obter información sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)

Eido de MAR (voando)

3 PtMv

Eido de TERRA (voando)

1 PtMv

Non se mergullan

Loita e Escape – VL: (2) / VE: (10) *

O Valor de Loita (VL) dos cabaliños do demo é de 2, polo que nas Tiradas de Loita suma 2 ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de 10, polo que nas Tiradas de Escape suma 10 ao resultado do dado.

Puntos de Vida (PV): 2

Os cabaliños do demo teñen 2 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a segunda ferida.

* Nota

Os valores entre paréntese indican que é un valor relativo ao aire (movemento polo aire, loita no aire, etc)

Español