Movemento do visón americano

VMv: 1 ((1)) *

No xogo, o visón americano ten un Valor de Movemento (VMv) de 1, tanto na terra como no mar, polo que os Puntos de Movemento (PtMv) de que dispón en cada quenda establécense engadindo 1 punto ao resultado dunha tirada de dado. Pode desprazarse tanto por terra – salvo por Eidos de cantís- como por mar, pois é un excelente nadador.

A continuación indícase a cantidade de PtMv que custa aos visóns americanos cruzar os distintos tipos de Eidos (para obter información sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)

Eido de MAR (a nado)

6 PtMv

Eido de ROCHAS (costeiras ou de interior)

1 PtMv

Eido de TOXEIRAS ou BOSQUE

1 PtMv

Eido de DUNAS, PRAIAS, MATOGUEIRAS ou CAMPOS

1 PtMv

Eido de HUMEDAIS, Eidos con REGOS - Lugares con FONTES

1 PtMv

Eido de ZONA URBANA

1 PtMv

Parada dun CAMIÑO

1/2 PtMv (por cada 2 paradas conta 1)

Mergullarse – 5 m. no mesmo Eido

Pode mergullarse no Eido de Mar onde se atopa ata unha profundidade de 5m se renuncia á Tirada de Movemento nesa quenda.

Loita e Escape – VL: 7 ((7)) / VE: 8 ((8)) *

O Valor de Loita (VL) dos visóns americanos é de 7, polo que nas Tiradas de Loita suma 7 ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de 8, polo que nas Tiradas de Escape suma 8 ao resultado do dado.

Puntos de Vida (PV): 5

Os visóns americanos teñen 5 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a quinta ferida.

* Nota

Os valores entre paréntese dobre indican que é un valor relativo á auga (movemento pola auga, loita na auga, etc)

English (UK)