Movemento da vacaloura
VMv: (0) *
No xogo, as vacalouras teñen un Valor de Movemento (VMv) de 0. AsÃ, os Puntos de Movemento (PtMv) de que dispón en cada quenda correspóndese co resultado dunha tirada de dado. Desprázanse sempre voando, polo que poden desprazarse de xeito indiferente sobre calquera tipo de Eido, se ben atravesar cada Eido de mar lles custa o triple que un Eido de terra, debido ao tamaño medio superior dos primeiros.
A continuación indÃcase a cantidade de PtMv que custa ás vacalouras cruzar os distintos tipos de Eidos (para obter información sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)
Eido de MAR (voando)
3 PtMv
Eido de TERRA (voando)
1 PtMv
Non se mergullan
Loita e Escape – VL: 2 (2) / VE: (7) *
O Valor de Loita (VL) das vacalouras é de 2, tanto cando están pousadas sobre unha superficie como cando están no medio do voo (neste caso, o valor exprésase entre paréntese). AsÃ, nas Tiradas de Loita suma 2 ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de 7, polo que nas Tiradas de Escape suma 7 ao resultado do dado.
Puntos de Vida (PV): 2
As vacalouras teñen 2 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a segunda ferida.
* Nota
Os valores entre paréntese indican que é un valor relativo ao aire (movemento polo aire, loita no aire, etc)