Movemento da píntega

VMv: 0

No xogo, os tritóns teñen un Valor de Movemento (VMv) de 0, polo que os Puntos de Movemento (PtMv) de que dispoñen en cada quenda establécense simplemente cunha tirada de dado, sen engadir bonus ningún. Poden desprazarse só por Eidos onde hai unha fonte, lavadoiro ou rego, e normalmente o fan dentro da auga, polo que é máis común atopalos cando se exploran eses lugares.

A continuación indícase a cantidade de PtMv que custa aos tritóns cruzar os distintos tipos de Eidos (para obter información sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)

Eidos con REGOS - Lugares con FONTES ou LAVADOIROS

3 PtMv

Non se mergullan no mar

Loita e Escape – VL: 2 / VE: 5

O Valor de Loita (VL) dos tritóns é de 2, polo que nas Tiradas de Loita suma 2 ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de 5, polo que nas Tiradas de Escape suma 5 ao resultado do dado.

Puntos de Vida (PV): 1

Os tritóns teñen 1 Punto de Vida, é dicir, morren ao recibir a primeira ferida.

English (UK)