Movemento da rata parda

VMv: 3 ((0)) *

A rata parda pode desprazarse tanto por terra como por mar, pois é unha excelente nadadora. No xogo, ten un Valor de Movemento (VMv) de 3 en terra e de 0 na auga, polo que os Puntos de Movemento (PtMv) de que dispón en cada quenda de movemento por terra establécense engadindo 3 puntos ao resultado dunha tirada de dado, mentres que cando se despraza nadando dispón só dos puntos marcados do dado.

A continuación indícase a cantidade de PtMv que custa ás ratas pardas cruzar os distintos tipos de Eidos (para obter información sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)

Eido de MAR (a nado)

6 PtMv

Eido de CANTÍS (rochosos ou de toxeiras)

3 PtMv

Eido de ROCHAS (costeiras ou de interior)

1 PtMv

Eido de TOXEIRAS ou BOSQUE

1 PtMv

Eido de DUNAS, PRAIAS, MATOGUEIRAS ou CAMPOS

1 PtMv

Eido de HUMEDAIS, Eidos con REGOS - Lugares con FONTES

1 PtMv

Eido de ZONA URBANA

1 PtMv

Parada dun CAMIÑO

1/2 PtMv (por cada 2 paradas conta 1)

Mergullarse – 5 m. no mesmo Eido

Pode mergullarse no Eido de Mar onde se atopa ata unha profundidade de 5m se renuncia á Tirada de Movemento nesa quenda.

Loita e Escape – VL: 5 ((3)) / VE: 10 ((5)) *

O Valor de Loita (VL) das ratas pardas en terra é de 5, polo que nas Tiradas de Loita suma 5 ao resultado do dado. O Valor de Escape en terra (VE) é de 10, polo que nas Tiradas de Escape suma 10 ao resultado do dado. Na auga, estes valores vense reducidos a ((3)) e a ((5)), respectivamente.

Puntos de Vida (PV): 4

As ratas pardas teñen 4 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a cuarta ferida.

* Nota

Os valores entre paréntese dobre indican que é un valor relativo á auga (movemento pola auga, loita na auga, etc)

English (UK)