Movemento do picapeixe

VMv: (10) *

No xogo, os pixapeixes desprázanse exclusivamente voando, pois aínda que poden pousarse sobre a superficie da terra (se ben prefiren as ponlas das árbores ou matogueiras) non cobren grandes distancias deste xeito. Por ir voando, os Puntos de Movemento (PtMv) que consumen en atravesar cada Eido de Terra (independentemente do Tipo de Terreo) é 1. Por sobrevoar cada Eido de mar empregan e 3 PtMv (os Eidos de mar son dun maior tamaño medio, de aí a diferencia). 

(para info sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)

Eido de MAR (voando)

3 PtMv

Eido de TERRA (voando)

1 PtMv

Mergullarse – zona intermareal, pode mergullarse e seguir voando nunha mesma quenda

Aínda que os picapeixes, como seu nome indica, capturan peixes baixo a superficie da auga, non se mergullán máis aló de 20 ou 30 cm. No xogo esto se traduce en que poden coller cousas do fondo só nas zonas intermareais (área entre as dúas liñas amarelas que rodean as costas). En cambio, estas inmersións pouco profundas permítenlle facer un mergullo por quenda sen sacrificar a Tirada de Movemento.

Loita e Escape – VL: (4) / VE: (11) *

O Valor de Loita (VL) dos picapeixes é de 4, polo que nas Tiradas de Loita suma 24ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de 11, polo que nas Tiradas de Escape suma 11 ao resultado do dado.

Puntos de Vida (PV): 2

Os picapeixes teñen 2 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a segunda ferida.

* Nota

Os valores entre paréntese dobre indican que é un valor relativo ao aire (movemento polo aire, loita no aire, etc)

English (UK)