Movemento do ourizo

VMv: 0

Os ourizos móvense exclusivamente por terra. No xogo, teñen un Valor de Movemento (VMv) de 0 , polo que os Puntos de Movemento (PtMv) de que dispón en cada quenda de movemento establécense exclusivamente a través dunha tirada de dado.

A continuación indícase a cantidade de PtMv que custa aos ourizos cruzar os distintos tipos de Eidos (para obter información sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)

Eido de TOXEIRAS ou BOSQUE

1 PtMv

Eido de DUNAS, PRAIAS, MATOGUEIRAS ou CAMPOS

1 PtMv

Eido de HUMEDAIS, Eidos con REGOS - Lugares con FONTES

1 PtMv

Eido de ZONA URBANA

1 PtMv

Parada dun CAMIÑO

1/2 PtMv (por cada 2 paradas conta 1)

Non se mergullan

Loita e Escape – VL: 3 / VE: 5

O Valor de Loita (VL) dos ourizos é de 3, polo que nas Tiradas de Loita suma 3 ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de 5, polo que nas Tiradas de Escape suma 5 ao resultado do dado.

Puntos de Vida (PV): 6

Grazas á súa cobertura de espiñas, os ourizos teñen 6 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a sexta ferida.