Seres máxicos de Cortegada
Os lordemáns de Cortegada
Os lordemáns non se describen como seres míticos de seu no folclore galego, mais a historiografía medieval cubriu de lendas este nome de ecos apocalípticos. Lordemanni, lormani ou leodemanni é o nome que se lle daba nas aos piratas viquingos que asolaron as costas Galicia entre os séculos IX e XI, que as crónicas describen máis coma demos que coma homes, unha imaxe que continuou a desenvolverse na memoria popular. No plano dos seres máxicos do xogo, os lordemáns son elfos escuros, os dökkálfar da antiga mitoloxía escandinava. Pouco é o que se conta destas criaturas nas sagas nórdicas, aínda que ás veces son descritos como seres subterráneos, pálidos e de aspecto cadavérico, opostos aos luminosos ljósálfar ou elfos da luz. Xa extinguidos os viquingos e os seus deuses, a lembranza dos seus ataques proxéctase entre os seres máxicos como unha marea que aínda volve cada estío, sementando o terror entre as xentes invisibles de Arousa.