Vista Máxica

As illas Atlánticas de Galicia a través dos ollos dos seres máxicos

Sobre os seres máxicos que habitan as illas

No universo de ficción do xogo, cada arquipélago está habitado por varios pobos máxicos, inspirados no folclore dese arquipélago ou da zona no que se atopa. Ao longo dos séculos, estas xentes feéricas se adaptaron ás condicións físicas, a fauna e a flora dese arquipélago, das que son os seus gardiáns. En cada arquipélago hai dous destes pobos “xogables”, e o xogador ou xogadora pode elixir a cal deles pertence o personaxe representado polo peón que empregará para desprazarse polo taboleiro á procura das moedas perdidas, que pode personalizar (idade, sexo, nome, etc), se ben neste regulamento básico esas características individuais non teñen repercusión nas partidas.

Ademais das especies xogables, nos arquipélagos habitan outros seres máxicos, algúns amigables e outros hostís aos personaxes dos xogadores (PX). Cando na partida aparece algún personaxe  deste tipo, represéntase cun tipo diferente de peón, que neste caso será controlado polo Director ou Directora de Xogo (DX). Hai tres grandes clases de seres máxicos aparte dos PX: os PNX (personaxes Non Xogadores), que pertencen a outros pobos imaxinarios asentados no territorio do parque; os SDI (Señores e Señoras das Illas), que representan figuras sobranceiras con gran poder que poden axudar aos PX; e os monstros, animais Máxicos de gran tamaño e fereza que cando irrompen no xogo representan un gran perigo para os PX.

Todos os seres máxicos teñen en común o feito de seren invisibles para a meirande parte dos humanos. Destes, só os que teñen a chamada “vista máxica” poden velos. A meirande parte dos bebés menores dun ano posúen este don, e algúns nenos e nenas o conservan ata os seis ou sete anos. Unhas poucas persoas o manteñen toda a vida. Os humanos que tiveron a vista máxica e a perderon, son un perigo para os seres máxicos, porque cando os ven, a súa incredulidade os converte en animais ou en outros elementos ou fenómenos naturais.

Cíes

Os rabusos de Cíes

Os soliños de Cíes

Os herminios de Cíes

Os demiños de Cíes

María Soliña, señora das illas Cíes

Ons

Os mouros de Canexol (Ons)

Os almuiuces de Ons

A moura encantada de Ons, Señora da illa

Os mouros luparios da Cova da Loba (Ons)

A Santa Compaña en Ons

Sálvora

Os mariños de Sálvora

Os oestrimios de Sálvora

A Serea de Sálvora, Señora da illa

Os saefes de Sálvora

A Santa Compaña en Sálvora

Cortegada

Os carcamáns de Cortegada

A xente cativa de Cortegada

O Busgoso, Señor da illa de Cortegada

Os canouros de Cortegada

Os lordemáns de Cortegada

Os monstros

A Lontra de Tirán

A Raposa do Morrazo

O Can do Urco

O Congro Porviso

Avda. Fragoso, 31 – 8ºA / 36210 Vigo (Pontevedra)

(+34) 681 16 16 24 / info@illasdasmarabillas.com

Copyright © 2024Pablo Culebras
English (UK)