Movemento do lagarto arnal
VMv: 3
No xogo, o lagarto arnal ten un Valor de Movemento (VMv) de 3, polo que os Puntos de Movemento (PtMv) de que dispón en cada quenda establécense engadindo 3 puntos ao resultado dunha tirada de dado. Non pode desprazarse polo mar.
A continuación indícase a cantidade de PtMv que custa a estos lagartos cruzar os distintos tipos de Eidos (para info sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)
Eido de CANTÍS (rochosos ou de toxeiras)
2 PtMv
Eido de ROCHAS (costeiras ou de interior)
1 PtMv
Eido de TOXEIRAS ou BOSQUE
1 PtMv
Eido de DUNAS, PRAIAS, MATOGUEIRAS ou CAMPOS
1 PtMv
Eido de HUMEDAIS, Eidos con REGOS - Lugares con FONTES
1 PtMv
Eido de ZONA URBANA
1 PtMv
Parada dun CAMIÑO
1/2 PtMv (por cada 2 paradas conta 1)
Non se mergullan
Loita e Escape – VL: 4 / VE: 10
O Valor de Loita (VL) dos lagartos arnais é de 4, polo que nas Tiradas de Loita suma 4 ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de 9, polo que nas Tiradas de Escape suma 9 ao resultado do dado.
Puntos de Vida (PV): 3
Os lagartos arnais teñen 3 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a terceira ferida.