Movemento da lagarta galega

VMv: 3

No xogo, a lagarta galega ten un Valor de Movemento (VMv) de 3, polo que os Puntos de Movemento (PtMv) de que dispón en cada quenda establécense engadindo 3 puntos ao resultado dunha tirada de dado. Non pode desprazarse polo mar.

A continuación indícase a cantidade de PtMv que custa a estas lagartas cruzar os distintos tipos de Eidos (para info sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)

Eido de CANTÍS (rochosos ou de toxeiras)

2 PtMv

Eido de ROCHAS (costeiras ou de interior)

1 PtMv

Eido de TOXEIRAS ou BOSQUE

1 PtMv

Eido de DUNAS, PRAIAS, MATOGUEIRAS ou CAMPOS

1 PtMv

Eido de HUMEDAIS, Eidos con REGOS - Lugares con FONTES

1 PtMv

Eido de ZONA URBANA

1 PtMv

Parada dun CAMIÑO

1/2 PtMv (por cada 2 paradas conta 1)

Non se mergullan

Loita e Escape – VL: 2 / VE: 10

O Valor de Loita (VL) das lagartas galegas é de 2, polo que nas Tiradas de Loita suma 2 ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de 10, polo que nas Tiradas de Escape suma 10 ao resultado do dado.

Puntos de Vida (PV): 2

As lagartas galegas teñen 2 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a segunda ferida.