Movemento da cobra de escada

VMv: 3

No xogo, a cobra de escada ten un Valor de Movemento (VMv) de 3, polo que os Puntos de Movemento (PtMv) de que dispón en cada quenda establécense engadindo 3 puntos ao resultado dunha tirada de dado. A diferenza da cobra viperina, a cobra de escada non pode desprazarse polo mar.

A continuación indícase a cantidade de PtMv que custa a estas cobras cruzar os distintos tipos de Eidos (para info sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)

Eido de CANTÍS (rochosos ou de toxeiras)

4 PtMv

Eido de ROCHAS (costeiras ou de interior)

1 PtMv

Eido de TOXEIRAS ou BOSQUE

1 PtMv

Eido de DUNAS, PRAIAS, MATOGUEIRAS ou CAMPOS

1 PtMv

Eido de HUMEDAIS, Eidos con REGOS - Lugares con FONTES

1 PtMv

Eido de ZONA URBANA

1 PtMv

Parada dun CAMIÑO

1/2 PtMv (por cada 2 paradas conta 1)

Non se mergullan

Loita e Escape – VL: 5 / VE: 8

O Valor de Loita (VL) das cobras de escada é de 5, polo que nas Tiradas de Loita suma 5 ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de 8, polo que nas Tiradas de Escape suma 8 ao resultado do dado.

Puntos de Vida (PV): 4

As cobras de escada teñen 4 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a cuarta ferida.

English (UK)