Select Page

Category: Seres máxicos das Cíes

María Soliña, Señora das Illas Cíes

María Soliña foi unha muller de Cangas de familia acomodada, que viu morrer ao seu home e ao seu irmán no terrible ataque dos piratas berberiscos á vila en 1617. Disque a súa tristura a levaba cada noite á praia, onde faleceran os seus. Este feito, unido ao estrés postraumático que debía padecer, fixeron que se lle acusara de bruxería por parte da Inquisición.

Read More

Os herminios de Cíes

Os herminios son unha lendaria tribo que, no xogo, vive agachada baixo as ruínas do Castro das Hortas, en Cíes. Disque descenden da última tribo lusitana que resistiu a Xulio César. Ante o avance das cohortes romanas, o pobo herminio fuxiu cara a illa de Albiano, como eles chamaban á illa do Medio das Cíes, onde existía un altar aos deuses, que co seu favor convertían ás illas nun refuxio inexpugnable.

Read More

Os soliños de Cíes

Seres máxicos das Cíes Os soliños das Cíes Índice Os soliños e as soliñas son unha especie de seres máxicos dos que se fala no Morrazo, e que a crenza popular relaciona cos descendentes de María soliña. Non é moito o que se sabe deles, salvo que eran temidos ou rexeitados pola xente, que proxectaba sobre eles os prexuízos fabricados contra a súa devanceira. No universo do xogo, os soliños e as soliñas de Cíes teñen o aspecto de persoas desaliñados, fracos e miúdos (non adoitan superar 1,20 m. de altura), con profundos ollos negros e un aspecto un tanto espectral. Disque chegaron ás illas entre os colonos de Cangas que volveron repoboar o lugar a principios do s.XIX. e que, unha vez alí, marcados polo estigma que pesaba sobre a súa ascendencia, apartáronse do resto dos colonos para ocupar covas segredas ao bordo do mar, dedicados á pesca de baixura. As xentes deste pobo móvense con grande habilidade sobre os areais, o monte baixo e os camiños, aínda que non son tan áxiles coma os rabusos nas paredes de rocha. Teñen máis dificultades nas toxeiras, e tampouco poden voar a lombos de ningún ave. A cambio, ningún animal das Cíes pode facerlle un dano mortal, salvo Monstros como a a chamada Lontra de Tirán ou a Raposa do Morrazo. A bordo das súas tradicionais gamelas, estas xentes mariñeiras...

Read More

Os rabusos de Cíes

Seres máxicos das Cíes Os rabusos das Cíes Índice Estes personaxes están tomados da tradición oral do Morrazo. Trátase dun tipo de trasnos de reducido tamaño (aproximadamente dúas cuartas de altura), de aspecto grácil e fibroso, moi áxiles nos seus desprazamentos por rocas e cantís. Característico deles son os panos de liño que levan enrolados na cabeza, deixando un cabo solto que fai que, a ollos dos humanos que teñen a vista máxica, semellen unha especie de grandes ratos ou gatos cando se moven fugaces entre as sombras, confundindo os cabos do pano co rabo que lles da nome. No universo do xogo, suponse que os rabusos chegaron ás Cíes xunto cos monxes benedictinos ou franciscanos que se estableceron alí na Idade Media. Pronto, pasaron de habitar as despensas dos monxes ás altas rochas das Cíes, onde trabaron amizade coas gaivotas patiamarelas, cuxa lingua comprenden. Co paso do tempo, soldaron un pacto de colaboración mutua con estas aves, gardando os seus niños do ataque das ratas e os visóns americanos. A cambio, os rabusos reciben peixe fresco ou algunha xoia ou pequeno tesouro que as aves tivesen atopado na praia ou roubado a algún turista descoidado.  Algúns rabusos axudan a pescar ás gaivotas, e viaxan montados sobre elas polos mares a ceos de Cíes. Con todo, para buscar a moeda perdida nas augas que rodean o arquipélago, precisan montar...

Read More
Loading
English (UK)