Movemento do andurón real

VMv: (12) *

No xogo, os anduróns reais desprázanse exclusivamente voando. Deste xeito, os Puntos de Movemento (PtMv) que consumen en atravesar cada Eido de Terra (independentemente do Tipo de Terreo) é 1. Por sobrevoar cada Eido de mar empregan e 3 PtMv (os Eidos de mar son dun maior tamaño medio, de aí a diferencia). 

(para info sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)

Eido de MAR (voando)

3 PtMv

Eido de TERRA (voando)

1 PtMv

Non se mergullan

Loita e Escape – VL: (2) nos ataques desde preto / VE: (12) *

O Valor de Loita (VL) dos anduróns é de 2, polo que nas Tiradas de Loita suma 2 ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de 12, polo que nas Tiradas de Escape suma 12 ao resultado do dado.

Puntos de Vida (PV): 2

Os anduróns reais teñen 2 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a segunda ferida.

* Nota

Os valores entre paréntese dobre indican que é un valor relativo ao aire (movemento polo aire, loita no aire, etc)

English (UK)