Seres máxicos de Ons
A moura encantada de Ons, Señora da illa
A lenda desta moura encantada persistiu ata o século XX na propia aldea de Canexol. No mundo das Illas das Marabillas, esta é unha princesa encantada, antiga soberana dos mouros e mouras da illa, que vive atrapada no interior dun penedo. Só pode saír da rocha ao aloborexar e ao solpor dos días de solsticio, o mesmo día en que os mouros de Canexol se volven luminosos. Mais a maldición que pesa sobre ela a fai disiparse como un bafo e ser absorbida de novo pola pedra se intenta afastarse da súa rocha. O único xeito de facela saír en calquera momento do ano é ofrecerlle unha cunca de leite.