Monsters

A Raposa do Morrazo

A pesar do seu nome, esta criatura non é unha simple raposa, nin é exclusiva do Morrazo. As referencias a ela esténdense desde a península do Morrazo ata a costa de Bergantiños, onde se lle chama “a raposa dos morrazos”. O que se conta dela é que non é nin animal nin humano, e parece que podería tratarse dalgún tipo de híbrido ou presentar alternativamente aparencia antropomorfa e animal. Disque bota lume pola boca e os ollos e que o seu arrepiante ouveo anuncia a morte de quen a escoita. Coñecida tamén como “raposa do aire” este ser tamén pode voar convertido en paxaro negro coma un corvo. No xogo, é nesta forma de ave en que a Raposa do Morrazo pode acadar as Cíes e Ons. O seu caracter de mal agoiro para os humanos, como portadora aos infernos das ánimas dos que van morrer, a transforma para os seres máxicos nunha verdadeira depredadora.

English (UK)