IV- Interacción con Personaxes Non Xogadores e Animais
Situations in which an encounter between a PC and a NPC or Animal
Un PX pode atoparse cun animal ou un PNX nos seguintes casos:
A) Encontro cun Animal / PNX Amigable nunha tirada de evento con resultado de Tesouro
Como se viu, cando un PX saca un 2 nunha Tirada de Evento atopa un Tesouro (Ts). Este pode consistir na aparición dun Animal ou un PNX, que en, principio, terá un carácter amistoso con ese PX.
Se o encontro é cun Animal Amigable, xa sexa Natural ou Máxico, o PX pode facer unha Tirada de Comunicación para obter algún tipo de axuda ou para facer que o acompañe. Se o PX ten a capacidade de cabalgar ese animal, pode realizar unha Tirada de Control de Montura para tratar de subir ao seu lombo.
Se atopa un PNX Amigable, este lle propoñerá a una Proba, cuxa superación valeralle ao PX a obtención dun Don. Neste Regulamento Básico os únicos PNX de carácter Amigable son os demiños de Cíes, e o Don que se obtén ao superar á Proba é a súa inesgotable capacidade de axudar.
Un PX sempre pode ignorar a un PNX ou animal Amigable e non realizar ningunha interacción con el.
B) Encontro cun Animal / PNX Hostil nunha Tirada de Evento con resultado de Ameaza
Un PX que obtén un resultado de Ameaza na Tirada de Evento pode encontrarse cun Animal ou PNX de tipo Hostil.
Se lle sae ao paso un Animal Hostil, tanto Natural como Máxico (neste último caso, tratarase dun Monstro), o PX pode facer unha Tirada de Comunicación para intentar evitar a agresión. Se fracasa no intento, o animal saltará sobre el e comezará un proceso de Fight.
Se o que atopa é un PNX Hostil, o único que pode facer o PX é decidir a acción que realizará ante o inminente ataque: un intento de Escape ou empregar o seu VL para contrarrestar o asalto do PNX nunha Tirada de Loita con Combate.
Un PX nunca pode ignorar un Animal ou PNX Hostil, pois en todo caso será atacado por estes.
C) Encontro cun animal ou PNX Activado (Amigable, Hostil ou Neutral)
Un PX tamén pode atoparse cun PNX ou Animal que teña sido Activado nunha quenda anterior, ben porque apareceu na Tirada de Evento dalgún PX ou ben porque o DX os meteu na partida seguindo algunha outra regra, como a Táboa de Roldas.
O encontro destes PNX e animais cos PX pode producirse ou ben na quenda do DX, cando este mova aos personaxes e animais que controla ata un Eido onde haxa un PX; ou ben na quenda dun PX, que no seu desprazamento atravese un Eido onde estea un PNX ou Animal Activado.
As posibilidades de interacción cos PNX e animais Activados son as mesmas que as que hai cando o encontro se produce como resultado dunha Tirada de Evento.