Select Page

Categoría: Seres máxicos de Cortegada

Os lordemáns de Cortegada

No plano dos seres máxicos do xogo, os lordemáns son elfos escuros, os dökkálfar da antiga mitoloxía escandinava. Xa extinguidos os viquingos e os seus deuses, a lembranza dos seus ataques proxéctase entre os seres máxicos como unha marea que aínda volve cada estío, sementando o terror entre as xentes invisibles de Arousa.

Read More

Os canouros de Cortegada

No xogo, os canouros son un pobo primitivo de trasnos que habita o interior de Cortegada. Teñen a pel verdosa e, como o busgoso e a xente cativa, en tempos recentes atoparon refuxio na foresta da pequena illa, onde viven da captura de paxaros e pequenos mamíferos coas súas lanzas de punta de pedra.

Read More

O Busgoso, Señor da illa de Cortegada

O busgoso é un ser típico das montañas dos Ancares e de toda a cordilleira cantábrica, que se describe como unha especie de gran fauno, con cornos e pezuños de castrón e longa barba e greñas de carriza. É o gardián do bosque, e cóntase que a súa principal misión e facer fuxir a cazadores e leñadores. No xogo, o busgoso chegou á illa de Cortegada por fuxir dos rigores da invernía que xa non soporta tan ben á súa milenaria idade. Agora, xace durmido nalgún lugar da fraga, envolto na súa longuísima barba de musgo e liques, imposible de distinguir sequera pola súa respiración, pausada como a brisa entre as árbores.

Read More

A xente cativa de Cortegada

Chamados tamén “xente pequena”, son do tamaño dun polgar humano, e constrúen delicadas vivendas entre as pólas das árbores que os seres humanos non poden distinguir dos niños de paxaros ou das formas caprichosas da hedra. Os homes e mulleres desta diminuta sociedade aprenden desde a infancia a lingua dos paporroibos e os xílgaros, os cales lles serven como monturas aéreas cando precisan viaxar ao continente ou a outros arquipélagos.

Read More

Os carcamáns de Cortegada

As xentes desta especie teñen grandes mans e a pel de cor cobriza polo efecto do sol, e non coñecen o calzado. Saen polas noites a mariscar e faenar nas barras areosas, e habitan en casoupas que o ollo mortal non pode distinguir dos cons e o ramallo da costa. Os carcamáns son excelentes nadadores, e poden mergullarse durante varios minutos nos fondos pouco profundos desta zona da ría. Os humanos que teñen a vista máxica os confunden habitualmente coas xa escasas lontras que algunha vez aboian preto da illa ou chimpan axilmente ao mar dende as ribeiras.

Read More
Loading
Galego