Select Page

Categoría: Vista máxica

O Congro Porviso

Fálase deste animal nalgunhas lendas de pescadores da zona de Cambados, onde se conta que era un peixe alongado como unha serpe de enormes dimensións capaz de afundir unha barca e engulir un xato dun bocado. Habita nunha furna submariña do illote de Noro, polo que as súas aparicións son especialmente frecuentes no arquipélago de Sálvora.

Read More

O Can do Urco

Trátase dun can negro “de tamaño colosal e aspecto terrorífico” que xorde do mar as noites de treboada. Percorre tanto os mares como as zonas terrestres das illas de Ons, Sálvora e Cortegada, destruíndo todo ao seu paso, coa forza dun vagallón e a velocidade dun lóstrego.

Read More

A Raposa do Morrazo

O que se conta dela é que non é nin animal nin humano, e parece que podería tratarse dalgún tipo de híbrido ou presentar alternativamente aparencia antropomorfa e animal. Disque bota lume pola boca e os ollos e que o seu arrepiante ouveo anuncia a morte de quen a escoita. Coñecida tamén como “raposa do aire” este ser tamén pode voar convertido en paxaro negro coma un corvo.

Read More

Lontra de Tirán

Monstros A Lontra de Tirán Índice Da Lontra de Tirán fala Xoán Xosé Teijeiro Rey no seu libro Seres galegos das Augas, onde recolle a lenda de que, por baixo de todo o Morrazo -nunha tobeira que ía dende a cova da Lontra, en Tirán, ata Darbo- vivía unha lontra xigantesca con poderosas poutas e afiadísimos dentes, cuxo corpo producía un resplandor avermellado. No xogo, este monstro nada ás veces ata as Cíes, onde arrasa as moradas e as embarcacións dos...

Read More

Os lordemáns de Cortegada

No plano dos seres máxicos do xogo, os lordemáns son elfos escuros, os dökkálfar da antiga mitoloxía escandinava. Xa extinguidos os viquingos e os seus deuses, a lembranza dos seus ataques proxéctase entre os seres máxicos como unha marea que aínda volve cada estío, sementando o terror entre as xentes invisibles de Arousa.

Read More

Os canouros de Cortegada

No xogo, os canouros son un pobo primitivo de trasnos que habita o interior de Cortegada. Teñen a pel verdosa e, como o busgoso e a xente cativa, en tempos recentes atoparon refuxio na foresta da pequena illa, onde viven da captura de paxaros e pequenos mamíferos coas súas lanzas de punta de pedra.

Read More

O Busgoso, Señor da illa de Cortegada

O busgoso é un ser típico das montañas dos Ancares e de toda a cordilleira cantábrica, que se describe como unha especie de gran fauno, con cornos e pezuños de castrón e longa barba e greñas de carriza. É o gardián do bosque, e cóntase que a súa principal misión e facer fuxir a cazadores e leñadores. No xogo, o busgoso chegou á illa de Cortegada por fuxir dos rigores da invernía que xa non soporta tan ben á súa milenaria idade. Agora, xace durmido nalgún lugar da fraga, envolto na súa longuísima barba de musgo e liques, imposible de distinguir sequera pola súa respiración, pausada como a brisa entre as árbores.

Read More

A xente cativa de Cortegada

Chamados tamén “xente pequena”, son do tamaño dun polgar humano, e constrúen delicadas vivendas entre as pólas das árbores que os seres humanos non poden distinguir dos niños de paxaros ou das formas caprichosas da hedra. Os homes e mulleres desta diminuta sociedade aprenden desde a infancia a lingua dos paporroibos e os xílgaros, os cales lles serven como monturas aéreas cando precisan viaxar ao continente ou a outros arquipélagos.

Read More

Os carcamáns de Cortegada

As xentes desta especie teñen grandes mans e a pel de cor cobriza polo efecto do sol, e non coñecen o calzado. Saen polas noites a mariscar e faenar nas barras areosas, e habitan en casoupas que o ollo mortal non pode distinguir dos cons e o ramallo da costa. Os carcamáns son excelentes nadadores, e poden mergullarse durante varios minutos nos fondos pouco profundos desta zona da ría. Os humanos que teñen a vista máxica os confunden habitualmente coas xa escasas lontras que algunha vez aboian preto da illa ou chimpan axilmente ao mar dende as ribeiras.

Read More

A Santa Compaña en Sálvora

Segundo a tradición oral, a Santa Compaña ten no illote de Noro outra das portas de acceso ao noso mundo. Disque sae os venres dalgunha furna ou creba entre os petoutos de granito e se despraza por mar ata a area dos Bois, en Sálvora. Dende alí, continúa por terra a través do Milreu e a Aldea para despois rodear a illa ata desaparecer no alto da Gralleira. Outras versións da lenda din que fai o percorrido inverso.

Read More

Os saefes de Sálvora

Segundo a Ora Maritima de Avieno, os saefes expulsaron de Galicia aos seus antigos poboadores, os oestrymnios. No xogo, o Rei dos Saefes e os seus animais totémicos (un porco, un cabalo e un galo) son os cons que se estenden ao norte e leste de Sálvora. Poden “espertar” e moverse cando son desturbados, ben polo canto do galo de Vionta ou ben porque alguén toca a moeda fenicia agochada neste territorio.

Read More

A Serea de Sálvora, Señora da illa

A Serea de Sálvora habita nun magnífico pazo de ca oculto baixo os fondos areosos entre os illotes. Un tempo da súa vida foi muller humana e esposa dun nobre cabaleiro. Os mariños e as mariñas, que teñen nas súas veas parte do sangue azul desta serea, poden invocala soprando unha pequena frauta en forma de caramuxo.

Read More
Loading
Galego