Monstros

O Congro Porviso

Fálase deste animal nalgunhas lendas de pescadores da zona de Cambados, onde se conta que era un peixe alongado como unha serpe de enormes dimensións capaz de afundir unha barca e engulir un xato dun bocado. Habita nunha furna submariña do illote de Noro, polo que as súas aparicións son especialmente frecuentes no arquipélago de Sálvora. Co seu aspecto serpentiforme, ven sendo o equivalente dos dragóns que na Idade Media asoballaban os campos en torno ás cidades, só que neste caso a súa actividade e subacuática e os cultivos que esnaquiza son as leiras de algas dos mariños. Nalgunhas ocasións, cando o alimento lle falta e a marea está moi alta, aventúrase ata o fondo da ría agardando ben quedo nos fondos areosos a ocasión para asaltar as barcas dos pescadores carcamáns.