Select Page

Categoría: Mecánica do xogo

Pistas de Moedas

Cando durante a Tirada de Evento (TEv) un PX saca un 1 no dado, e nese Eido non se atopa ningunha das Moedas perdidas, o DX revelará ao conxunto dos xogadores e xogadoras unha Pista sobre onde pode atopar algunha delas. Aquí, ofrécese a lista de pistas na orde en que serán descubertas.

Read More

Tirada de Evento básica

A Tirada de Evento conforma a segunda parte da quenda dun PX, logo da Tirada de Movemento. Nos casos nos que a Tirada de Movemento non se teña realizado, farase directamente a Tirada de Evento, sen importar que ese PX xa teña realizado unha Tirada de Evento nese mesmo Eido na quenda anterior.
A Tirada de Evento se resolve de xeito distinto se o PX está en terra, se se despraza pola superficie do mar ou se vai voando polo aire.

Read More

Movemento polo aire

O Valor de Movemento (VMv) polo aire e os Puntos de Movemento (PtMv) que custa atravesar un Eido voando se expresan entre parénteses simples. Os animais voadores contan un valor fixo de PtMv para atravesar os Eidos de terra que sobrevoan, xa que ao desprazarse polo aire non lles afecta o Tipo de Terreo que hai no chan. Non obstante, debido a que os Eidos de mar teñen un tamaño medio superior ao dos Eidos de terra, o custe en PtMv de atravesar os primeiros é maior. Doutra banda, as malas condicións meteorolóxicas incrementan os PtMv necesarios para avanzar voando tanto sobre a terra como sobre o mar.

Read More

Movemento polo mar

Regras sobre o desprazamento sobre a superficie do mar ou baixo a auga, cos personaxes sós, a lombos dunha montura ou por medio dun vehículo mariño ou submariño. Inclúe regras para o movemento errante cando o personaxe é arrastrado pola corrente ou fica a mercé das ondas.

Read More

Aspectos básicos da Tirada de Movemento e movemento por terra

Cada PX, PNX e animal avanza tirando 1d6 e sumándolle o VMv que poida ter (se o VMv é cero, como acontece cos PX, terase en conta simplemente o resultado do dado). A cantidade resultante equivale aos Puntos de Movemento (PtMv) que ese actor poderá gastar para desprazarse nesa quenda, tendo en conta que por cada Eido que atravese terá que “pagar” unha determinada cantidade de PtMv, a cal varía en función do tipo de Eido (auga, aire, e tipo de Terreo nos Eidos Terrestres); da especie á que pertence ese personaxe ou animal, e do tipo de desprazamento (correndo, nadando ou voando) que realiza. O custe en PtMv de cruzar cada tipo de Eido ven indicada nas Fichas de Personaxe, no caso dos PX, e na Carta de Consulta Rápida, para os PNX e animais.

Read More
Loading
Galego