Movemento da sardiña

VMv: ((0)) *

No xogo, as sardiñas teñen un Valor de Movemento (VMv) de 0, polo que os Puntos de Movemento (PtMv) de que dispón en cada quenda establécense simplemente cunha tirada de dado, sen engadir bonus ningún. Naturalmente, só se desprazan polo mar.

A continuación indícase a cantidade de PtMv que custa ás sardiñas scruzar os Eidos de mar (para obter información sobre como funciona a Tirada de Movemento, ver Regulamento Simplificado)

Eidos de mar (costeiros ou de mar aberto)

6 PtMv

Poden mergullarse a calquera profundidade e tamén asomar á superficie

Loita e Escape – VL: ((2)) / VE: ((10)) *

O Valor de Loita (VL) das sardiñas é de 2, polo que nas Tiradas de Loita suma 2 ao resultado do dado. O Valor de Escape (VE) é de 10, polo que nas Tiradas de Escape suma 10 ao resultado do dado.

Puntos de Vida (PV): 2

As sardiñas teñen 2 Puntos de Vida, é dicir, morren ao recibir a segunda ferida.

* Nota

Os valores entre paréntese dobre indican que é un valor relativo á auga (movemento pola auga, loita na auga, etc)

Galego